2 ene 2014

enduro?

Na miña última visita a Xesteiras quixera regresar por outra ruta, pero o pouco de darlle comezo, caín na conta que meu nivel "off" distaba moito do que esixía aquel primeiro descenso. Así que daquela pejeille unha boa enroscada o mango e puxen a moto mirando as costas. Pirei.


Desta volta decidín ir dar con esa pendiente para afrontala dende abaixo e alí estiven logo dun fermoso paseo polas ladeiras dos concellos de A Estrada e Cuntis. A parede fíxome parar. Non sabía dicir de canto sería o desnivel que tiña que afrontar, pero o visor (oruxmaps) mostraba claramente como aquel cortafuegos debuxaba unha cruceta sobre cada unha das curvas de nivel.
Hoxe con máis calma conto as liñas de nivel das que falo, que distan entre si 20 metros de altitude, sumando un denivel duns 60 metros. Utilizo a ferramenta do visor para medir distancias e resultan uns 500 metros da primeira liña a última, así que aplicándolle a fórmula "destivel x 100/distancia = % pediente" descubro que a conta ofrece un 12% de desnivel medio, que non está mal, pero e que facendo a mesma operación entre unha das liñas e a que lle segue, a porcentaxe ascende ata o 20% de desnivel. Flipo!, pero maís flipaba no medio e medio da pendiente cando me vía obrigado a manter o gas para non restar metros costa abaixo derrapando por mor da propia gravidade e a falta de agarre.

No vídeo non se aprecia demasiado ben... ou igual sí reparando no ángulo que fan as árbores coa propia pendiente, pero non se ve nada clara a cousa... sexa como sexa para min e meu tranganillo foi igual que gañarlle o pulso a unha parede do 100% e a sensación de tela superado, encheume de alegría.



medindo a distancia da parede






No hay comentarios:

Publicar un comentario