25 nov 2012

Paseando co Tato

Un día saqueino eu de paseo e outro tocáballe a él facer o propio comijo...

Na primera saida fumos darlle unha volta a orillas do río Ulla. Tratábase de ir collendo todas aquelas pistas que nos foran levando o máis perto posible da ribeira, así que podédesvos imaxinar, non faltou nadiña pra nos meter por camiños de pescadores, e claro, coa miña burra nada, chupau pasar calquer penuria... unha ponte anegada con barro, gravilla, terra e demáis calamidades, pero coa "R" do Tato... un espectáculo velo culear no barro, case choro da emosión!! parecíame estar a ver un video do tarado do "motoyournal", pero non, tratábase do tarado do Tato jajajaja. O paseo foi fermosérrimo unha vez máis, con paisaxes e recantos pra lembrar, sempre río arriba dende Pontevea ate chegar o encoro de Portodemouros onde ocorreu o máis esperado da xornada, a travesía en barco. Non deixa de ser unha chorrada cruzar douscentos metros en ferri, pero eche un detalle caralludo!.
Logo da nosa encrucillada acuática proseguimos  río abaixo ate ponteledesma e logo outra vez a Pontevéa, onde decidimos deixar de xogar polas aldeas para ir atender as familias. Fin do paseo matinal.

Na quenda do Tato fumos visitar a Ribeira Sacra. Unha gozada de rueiro, pistas e estradas caralludas para pasolo ben deitada tras deitada e facer algunhas visitas turísticas claro!. O paseo foi precioso, pero o día amenceu con brétema de máis, así que papamos bastante frío ate chegar os Cañós do Sil, pero unha vez alí a xeografía fíxonos quencer a forza.
Os desnivéis que hai na Ribeira Sacra fan desta comarca un sitio realmente fermoso, onde a vez que baixas e subes, sintes mudar a vexetación dende a frondosidade das zonas máis deprimidas dos cañós ao típico monte desolado dos cumios, unha maravilla!, pero ademáis, desta volta, esperábanos outro fenómeno por mor dun neboeiro a medio camiño, que regalaba logo dun pechado día dende abaixo, unhas fermosas e soleadas vistas dende arriba, e todo nun tramo realmente curto. Acontece moito en Galicia, pola propia xeografía, pero sempre me chamou a atención ir subindo nun día penoso de nubes e descubrir que en realidade trátase dun fermoso e morno día de Sol. A volta fixémola pola nacional de Ourense a Santiago, pero moi ben. Sumámoslle un total de 300 kms e as tres estabamos a comer nas nosas casas.

Saudos!!


A RUTA polo Ulla (nos revirámola algo máis)
A RUTA o Sil, se mal non recordo



no ferri
Encoro Portodemouros

Rio Sil dende abaixo


Encoro de Santo Estevo

dende arriba