2 feb 2013

Saída beta

Onte sain darlle unha voltiña pequena, uns 100 kms, partindo de Cacheiras Teo- a Noia, Negreira e de volta pra casa. Dous obxectivos tiña na cabeza para esta saida, probar a moto logo da reglaxe de válvulas e probar unha nova aplicación android para o movil.
Das estradas polas que circulei pouco hai que dicir, agas que o treinto por Rois agocha un cento de tranpas en cada curva (en obras dende que teño uso de razón) e o resto da ruta entre charcos coma lagoas, cunetas anegadas por riba do firme, cortezas das árbores polo medio e sempre os clásicos de barro, merda, area e grava, fixeron do paseo matinal unha hora e media chea de emosión!.
Añadir que os pasos por Pontenafonso e o mercado de Negreira, son dignos dun fermoso cuadro. Habiá tempo que non pasaba pola primeira das localidades, dende que recortaran o treinto ese por riba da ría (10 anos? Maís?). A ponte estreinta, o pequeno peirao mailas jamelas o son das ondas, coma berces, fixéronme imaxinar rodando por terras irlandesas, toma!! o que tal fai a imaxinación, manda carallo!!. Logo espertei co ladrido dun can que me fixo poñer as rodas sobre a nosa Galicia e tirei direción Negreira, pola ribeira do Tambre, pero sen ter noticia algunha déste, entre praos e montes. Negreira sorprendeume co seu mercado, que non coñecía, xusto diante dunha igrexa ou capilla ou que sei eu, que arrimada a un maxestuoso arco e un fortín, fan daquela imaxe unha desas instantáneas que xa nunca esquencerei. Os dalí estaredes fartos de velo, pero a min pareceume do mais bucólico que vira hai tempo.


A moto xenial, a reglaxe de válvulas, xunto co cambio dun par de bulóns (coido se chaman), maila extración do epc e a dotación dunha fonte nova de alimentación, unha batería vamos!!, fixeron do meu tractor de primeiros da década pasada, un flamante tractor de mediados jeje. Acender a moto co botón máxico na vez da doente patada, faille moito claro!!. Así que por ahí queixa ningunha... feliz coma unha perdiz, maís a justo que un arbusto.


A aplicación chámase oruxmaps. A-co-jo-nan-te, mais que nada polos 50 folios de manual que jasta, pero en serio, unha aplicación boísima e ben capaz de satisfacer a montañeiros, ciclistas, aviadores, ou calquer outro que disfrute dos deporte o aire libre por igual (menos acuáticos eh!!). Eu concentrei os sentidos no meu, a navegación. O carallo é que esta aplicación permite descargar mapas para telos en modo offline, os que queiras, ou crealos ti mesmo partindo dos mapas que facilita online. Ademáis podes descargar as rutas que previamente fixeches no google maps pra visualizalas tal cual sobre calquera dos mapas que teñas descargados, permite facer zoom por capas ou dixital, e moitísimas outras cousas, recoller unha chea de datos totais/parciais de cada track ou da ruta completa, e moitas outras cousas que ainda estou a descifrar. Pero o caso... descargome as rutas do google maps (archivos .kml que previamente ca axuda dun programita pasei a .gpx e aloxei na carpeta propia do oruxmaps) poño o teléfono en modo avión, prendo o gps, abro miña ruta e, tachánnn!!: duas horas dando tumbos coa aplicación traballando, pantalla prendida e jas polos rueiros cun consumo do 23% da batería. Unha gozada que permite navegar unhas oito horacas cunha batería orixinal dun galaxy s2. Perfecto pra ir de viaxe, sobre todo polo extranxeiro, pra non jastar unha fortuna en tarifa de datos. Ainda por riba falamos dunha aplicación nacional, española coma a Giralda ou o fukin toro de osborne, e conta cun soporte excelente, un foro na sua propia páxina onde resolver dúvidas por outros usuarios ou polos propios creadores da aplicación. Recoméndoa!!.

Saudos!!



A RUTA



Pontenafonso