15 ago 2015

Un día d'auga.

Onte puido ser o día mais feo do que levamos de verán galego. Un día ruín celoso de calquer raiola, disos días grises que non sabes en que momento che vai caer, porque doutra cousa non, pero que caerá unha boa chuvieira... sabeo calquera.
Puxen os farrapos d'auga, arranquei "meutranganillo" e jassss, a onde lle cadrara.
Supoño que ocorreu algo parecido que no inverno, cando un sabado sae o sol e sabes que non queda outra que coller a moto para sentilo na pel, pero o revés. Onte foi un día de inverno nun dos veráns mais quentes que recordo, un oasis nun deserto, e tiña que sair sentilo. Ou simplemente teño o cromosoma moteiro defectuoso dos excesos xuvenís, pero o caso e que arranquei sen rumbo e acabei pola costa.
No verán e imposible rodar a carón do mar. Praieros de máis fan intransitable as vias con ordas de coches, furgos e caravanas, pero onte non. As nubes baixas do interior enchoupan a estrada ainda sen chover, pero na costa non. Así que a paisaxe litoral gañaba enteiros a cada kilómetro percorrido, deixando disfrutar de curvas secas con pouco tráfico.
Tampouco vou negar que en duas ou tres ocasión non aparecera a choiva prometida, que ademais de mentira sería unha decepción. Pero os poucos, de manera intermitente e intercalada, rodaba mollado polo firme seco e seco sobre mollado. Cousas do verán.
O chegar a casa saquei o gps que viña grabando no peto e apreciei meu xeitoso percorrido duns 240 kms a paso de peregrino pola ria de Muros e Noia, e rumbo norte sin alonxarme da costa hasta Muxia onde retornei sobre terras de Bergantiños.
Unha autentica ledicia de saida na que redescubrín unha fermosisima costa galega que teño realmente desatendida, así que na vindeira visita espero xuntar Muxia con Malpica, e a ver que tal se me levan ;)