Non teño moito tempo pero sobranme ganas de coller a moto... así que un día aproveitando a sesta do piollo e outro día que éste maila nai fixeron por deixarme na estacada, aproveitei para darlle jas venres e sábado. Pouca cousa, pero de abondo para ter algo que contar jeje.
O saldo foi pintoresco de carallo. O venres intentando chegar o rio Xallas polas aldeas, nun deses percorridos que previamente trazo sobre o "maps", acabéi saindo por orellas nun sendero cun exceso de pendiente inusual para miña moto onde o pasto maila auga fixeron del unha trialera, así que non foi maís que unha simple insinuación, unha caricia o freo dianteiro para verme o cu nos toxos e os pes no ceo. Non vos podo dar o gusto da foto porque nesas o último que quería era recrearme, pero a imaxe resultaba digna dela. Sillín fora do sitio, óptica colgando polos cables e a cúpula fea de collós feita anacos. Erguín a coitada burra, coloquei sillín mais óptica no seu sitio (na miña moto todo e de quita e pon) recollín os anacos da ferida cúpula e proseguín descenso co maior dos coidados, para non verme outra vez facendo a cucaracha. O chegar o asfalto decidin dar por terminado o paseo, así que apuntei contra casa e o ver que a altura de Bertamiráns tiña feitos 100 kms, achegueime a gasolinera para encher o depósito e comprobar que o consumo fora exáctamente con 102 kms, de 4,76 L (jeje moito me justan as estadísticas).
O sábado apetecíame máis caer sobre mollado (choveu toda a mañá e a tarde ameazaba con facer o mesmo) pero non fun capaz... non fun capaz de enroscarlle máis que o xusto para ir facéndo kilómetros coa maior das seguridades, polos rueiros de Teo, Touro, O Pino, Oroso e Santiago. A Choiva colleume en Sigüeiro, así que decidin recollérme. A Altura do CorteInjlés o marcador cantaba, outra vez, 100 kms, así que, outra vez, decidín encher depósito. 4,75 L. Vese que e ijual circular en seco, en mollado ou polo chan, que a meu tranganillo tanto lle ten, consume o mirmiño.
Saudos!!
Os restos da cúpula:
Caixón desastre de saídas, viaxes e derrapadas mentais relacionadas coa miña paixón. A moto.
- viaxes (43)
- saídas (23)
- vídeos (19)
- derrapadas (7)
- meu tranganillo (5)
- con estas manitas (3)
- prensa (1)
18 mar 2013
1 mar 2013
Presentación ktm dual-sport
ktm Dualsport 640 lc4
- 620 cc monocilíndrica
- 55 cv / 6750 rpm
- 60 Nm / 5750 rpm
- 150 kg
- 400 kms de autonomía
- velocidade máxima... moita máis da que justo jejeje
Vela ahí está meu tranganillo de sempre retocado pra chegar o fin do mundo (pensade que non hai tantos anos, este motorico era a adventure de ktm), por pistas asfaltadas ou non, sempre "Ready To Everything"... cun depósito de 20 L, parrilla porta bultos, cúpula fea de collós!, unha argallada na cacha dereita pra levar a ferramenta imprescindible que a ocasión requira, e pirelli scorpion trail para asfalto e continental tkc80 para o monte.
Nótaseme orgulloso dela??, pois que se note jeje ;)

Suscribirse a:
Entradas (Atom)