18 mar 2013

100X100

Non teño moito tempo pero sobranme ganas de coller a moto... así que un día aproveitando a sesta do piollo e outro día que éste maila nai fixeron por deixarme na estacada, aproveitei para darlle jas venres e sábado. Pouca cousa, pero de abondo para ter algo que contar jeje.
O saldo foi pintoresco de carallo. O venres intentando chegar o rio Xallas polas aldeas, nun deses percorridos que previamente trazo sobre o "maps", acabéi saindo por orellas nun sendero cun exceso de pendiente inusual para miña moto onde o pasto maila auga fixeron del unha trialera, así que non foi maís que unha simple insinuación, unha caricia o freo dianteiro para verme o cu nos toxos e os pes no ceo. Non vos podo dar o gusto da foto porque nesas o último que quería era recrearme, pero a imaxe resultaba digna dela. Sillín fora do sitio, óptica colgando polos cables e a cúpula fea de collós feita anacos. Erguín a coitada burra, coloquei sillín mais óptica no seu sitio (na miña moto todo e de quita e pon) recollín os anacos da ferida cúpula e proseguín descenso co maior dos coidados, para non verme outra vez facendo a cucaracha. O chegar o asfalto decidin dar por terminado o paseo, así que apuntei contra casa e o ver que a altura de Bertamiráns tiña feitos 100 kms, achegueime a gasolinera para encher o depósito e comprobar que o consumo fora exáctamente con 102 kms, de 4,76 L (jeje moito me justan as estadísticas).
O sábado apetecíame máis caer sobre mollado (choveu toda a mañá e a tarde ameazaba con facer o mesmo) pero non fun capaz... non fun capaz de enroscarlle máis que o xusto para ir facéndo kilómetros coa maior das seguridades, polos rueiros de Teo, Touro, O Pino, Oroso e Santiago. A Choiva colleume en Sigüeiro, así que decidin recollérme. A Altura do CorteInjlés o marcador cantaba, outra vez, 100 kms, así que, outra vez, decidín encher depósito. 4,75 L. Vese que e ijual circular en seco, en mollado ou polo chan, que a meu tranganillo tanto lle ten, consume o mirmiño.
Saudos!!
Os restos da cúpula:

No hay comentarios:

Publicar un comentario