10 abr 2013

Para os q non puideron

Parece que quedamos as tres ou tres e media. Doume presa e as tres e dez tou alí rascando un collón. Marcharon sen min ou son o primeiro?. Efectivamente, sonche o primero, estaba no bar eh!... logo Julián, Javi, Alex e Pepe. Somos cinco, arrancamos!!.

Saimos de San Lázaro e metémonos de cheo na autopista (mal comezo jeje) para simplemente enlazar coa nacional a Ourense (ah bueno!!), rápida para o que eu son, pero efectiva para ir sumandolle kms a unha prometedora tarde. Desviámonos xusto despois de Silleda, direción Forcarei para coller unha fermosérrima estrada na que comecei a sentir boas sensaciós ainda sendo rápida de máis.
Inciso (ou excusa jeje): Miña moto colle ben calquer velocidade legal e algunha ilegal tamén, sen maior traballo pero con algunha axuda aerodinámica, xa sabedes "misionero position"... o carallo é... non fará plof o motorico que jasto??, así que normalmente prefiro ir conservando mecánica (xa o sei, sona a disculpa cutre o non seguirvos roda, pero eche o que hai jeje), que como ben apuntaba Julián, os de moto3 sonche monocilindros con douscentos e pico km/h de punta, pero non lle piden lonxevidade. Todo non se pode.

Enlazamos ca nacional-541 direción Carballiño, pero desviámonos pouco despois para pasalo ben por Beariz, Avión e demáis aldeas, unha preciosidade toda a zona esa da Serra do Cando (ainda por descubrir), e aquí sí foi onde me vin na miña salsa. Normal, cun ferro que non pesa máis de 150 kg, cunhas inercias mínimas e un par bastante cómodo para os 50 e poucos cv que ten, pois xa está!. Paseino en grande, tocáballe xogar as ktms... que non Julián??
Dahí endiante, xa na estrada entre Ribadavia e Carballiño, a cousa faise algo monótona, pero como o terraceo non podía tardar en chegar, fixose ben jeje... Mandámoslle algo precisamente no Carballiño, cunhas boas risas de tapa (máis non había) e así, co sorriso estampado dímoslle jas a Lalín, logo subida rapidísima as élices do Candán, que a ver quén pillaba os tolos éstos dos cilindros a puñáos... e descenso dende Forcarei a Estrada. Parada en cacheiras para consultar e flipar ca pole de moto GP e deicalogo. Excelente ruta en moi boa compañía.

Alguén pide máis para unha soleada fin de semana?? Sííííííí!!!! carreirón en Qatar jeje.

Ainsh!! Que dura a vida do motero.

Saudos!



A RUTA



Están sen makinaria os colegas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario