28 sept 2012

Polo Candán

Sabía que a saida de hoxe ía ser especial e case era unha necesidad que fora en solitario. Levaba tanto tiempo sen coller a moto por mor de distitas obligaciós mecánicas que no seu día asumín con ela, que todo parecía decir que ía ser unha moi boa mañá de ruta, pero en serio, non esperaba que fora tal!!

O día amenceu completamente cuberto de nubes baixas, pero moral alta, así que enfundei a cordura e abrín gas direción A Estrada onde me decantei máis por estradas comarcais que polas nacionais de sempre. O ascenso a Forcarei por estos rueiros do noso señor non foi nada fácil, cada curva recibíame con distinto xesto... unha con face xélida e blanquecina, outra con restos de barro petrificado, habíaas recén lavadas e outras, pola contra, con merda de boa marela galega hasta as orellas, así que non me quedou mais que tomalo coa calma precisa para poder disfrutar sen medo pola miña cotizada integridade física jejeje.

Crucei, literalmente, a estrada que une Forcarei con Silleda, e proseguín por corredoiras hasta a estrada entre Forcarei e Lalín, xa case no seu cumio, alá polos eólicos. Meu obxectivo non era outro mais que chegar a unha localidad chamada O Irixo, emprazada o outro lado do Candan a unha cota moito menor a que estaba, para logo continuar por Brues hata Beariz, e como nesta saida non dispoñía do google maps on board pois intentei facer uso da intuición motero/suicida que posuo, así que apartei desa rapidérrima nacional, para buscarme a vida por máis e máis zigzageantes pistas, nas que salvar ostáculos frescos e fumeantes de vaca faille a un sentirse en perfecta sintonia co entorno juas!! (e certo, o viaxar por estradas nacionais a 90 km/h, non formas máis parte que da estrada pola que discorres, pero perdendose un por entre os bosques, aldeas e praos, iso..., iso xa e outra cousa jeje).

Cheguéi o que podía ser a praza dunha ínfima aldea, na que parecía acabar o mundo coñecido. Casas non serían máis que catro ou cinco, pero animais había pra montar un zoo. Entre jaliñas, cabalos, perros, gatos, vacas e un poni conseguinme facer paso hata o portón dun coberto onde pedín consello a unha máis que atarefada paisana, que moi xentilmente e mirando de reollo a moto, como non podía ser doutro xeito, indicoume o camiño a seguir. Que filladeputa a típa!!... a dez metros xa estaba a baixar da moto pra poder sortear unha desas vías pecuarias que os entendidos chaman romanas, infestadas de pedras, barro, merda e demáis protuberancias do terreo. Comigo enriba e por mor do pronunciado desnivel, a moto non tracionaba nada, así que xogando co embrague conseguín salvar uns coarenta metros de suor e lágrimas. Subín de volta a moto e din comigo mesmo radiando felicidade. Felicidade que non fixo máis que medrar e medrar canto máis avanzaba por pistas forestais de zaorra en maior ou menor medida e en mellor ou peor estado de conservación, pero caralludas para ir abrindolle jas de cando en vez e baxandolle márchas de vez en cando co único obxeto de impedir o tren traseiro rodar con traquilidade jejeje... de pronto visualicéi a filladeputa da tipa de branco e areola celestial, estábao a pasar de cine!!.

Tal "don Quijote de la Mancha" batalléi contra todos os molinos que presiden as crestas do Candán, pero xa era dabondo e debía proseguir, así que tampouco enrredei máis da conta. Tirando siempre na mesma direción e obviando sendeiros e pistas que parecianme chamar polo nome, cheguéi a nacional-541 depóis de gozala durante uns marronáceos coarenta e cinco minutos, onde parei a pensar sobre o que ia ser a siguiente media mañá de ruta. A zona de O Irixo chámame moito, pero non esperaba aparecer en A Mezquita logo de miña incursión polo salvaxe, así que decidín seguir ruta e dexar ese interesante triángulo entre o Irixo, Lalín e Dozón para a vindeira saida. Toméi direción Carballiño e apartei a altura de Brués para rodar pola estrada a Bearíz. Tramo espectacular onde os haxa, con boas vistas, frondosos bosques e infinidade de curvas, así que gozada de paseo!!. De Beariz a casa non houbo moito máis que contar, salvando miña sabida obsesión por escapar das nacionais, así que en Soutelo, vinme na obriga de perderme outra vez por esta Galicia que lonxe de ser pequena, e un mundo!!


Saudos!!


A RUTA (maomeno pola serra)

nos eólicos do candán

entre Brues e Beariz

naljures chegando de volta a Estrada