15 nov 2013

Primeiras reflexiós -off-

Polo momento non levo mais de tres saidas, ou máis ben escapadas, porque sabendo que en pouco máis dunha hora estaba de volta na casa, falar de saidas resulta esaxerado… pero dabonda para darme boa conta que rodar polo marrón non é un chiste. Paréceme moi técnico, moitísimo máis do que nunca imaxinara... abrir gas e forzar o cerebro a procesar unha chea de cousas faise co mesmo cable que tira do carburador, co mesmiño!. Afrontar unha curva “rápida” dunha pista forestal non che son parbadas. Se no asfalto hai que chegar cos deberes feitos, polo monte hainos que traer listos da escola, ou abrir gas pechando os ollos e que pase o que teña que pasar. Todo é novo para min, dende o primeiro charco, a primeira pedra, árbore no medio do camiño ou cortafuegos, así que disfruto con cada metro que fago ou trampa que deixo atrás, e cada vez, o corpo píde máis lío… pero seguirei liando a modo.

Pouco a pouco vou superando meus temores, inseguridades, que fanme caldo na camiseta igual que as primeiras veces que baixaba na moto o pueblo logo de sacar o permiso, que a tensión en cada músculos facíame chorrear hasta do lugar máis escuro do corpo, pois ajora igual, chego a casa dando noxo pero satisfeito, e o mais importante, desfogado de darlle o mango por  pouco tempo que fora.

A moto vai caralluda, igual debería baixarlle máis a presión da roda traseira para que enjanche millor nas subidas ou toquetearlle no amortiguador, irei probando… pero estou moi contento co seu comportamento e parece que as barras quedaron ben reguladas logo de probar distintos tarados, así que en liñas xerais moi ben, a falta de cambiarlle o piñón por outro dun dente menos para poder rodar maís entre segunda e tercera, ademáis de darlle ese "punch" de gas que faille moito a hora de pinzar de diante ou facela derrapar para meter ou sacala das curvas.

O tema da equipación tamén vai a modo, que todo de vez non se pode, pero está claro que para ir polo monte hai certas cousas das que non se pode prescindir, así que últimamente non deixo de remexer pola rede na procura da mellor relación calidade precio.

A navegación, como non podía ser doutro xeito, corre por conta de "Oruxmaps" e logo de ter localizado un mapa con curvas de nivel e camiños detallados (topo 4umaps), e descargado miña comarca para poder traballar "off-line", teño a papeleta resolta. Así da justo!!


**************


Espero ler todo isto daquí nuns anos escarallándome a risa daquelas primeiras conclusiós. O final este blog trata diso, de recordarme a min mesmo quén era eu hai uns anos e que cousas tiña nesta cabeciña que non deixa de rillar.


captura Oruxmaps (topo 4umaps) en 3D













No hay comentarios:

Publicar un comentario