22 oct 2013

Outro pasiño "off". vídeo

Hora e media tiña para darlle unha voltiña, e tendo chovido coma choveu o venres mailo sábado, había que probar as rodas polo barro, que o final foi ben pouco, pero había que sair na prucura del.

Fíxenlle un “pit stop” na gasolinera de Casalonga para lle baixar presión as gomas. A un bar e medio, menos non eh!, que non me quero deixar a llanta no primeiro croio dun carreiro calquera, paso!!... e JASSSS na procura do “Track” que teño cargado no teléfono.
Unha cousiña teño que dicir: Os tempos e as distancias polo monte non che son ijuais. No monte cada minuto intensifica o que lle segue e desmerece o anterior. Non digo que non pase o tempo, simplemente digo que quince minutos por un tramo medio complicado, faiche caldo na camiseta, así que unha hora mallando, para un recén chegado coma min, eche unha a-ni-ma-la-da (notas de novato: sair de verán ainda que neve). Por outra parte, ademáis do tempo, temos a distancia. Miña idea era de facer o percorrido todo (que pasa polos concellos de Ames, Santiago e Negreira) en menos de duas horas ou así... pero nunha hora non fixera máis que chegar a Figueiras (que por asfalto levaríame sobre 10 min.) Vamos! que enredo mais polo monte que no bar tomándolle a arrancadeira. Terei que pensar adicarlle unha mañá enteira o paseo circular pola comarca...

A cousa é que rodando mais polo “off” que polo “on”, cheguei o alto de Figueiras pouco despois de ter espallado a moto pola corteza terrestre con bastante menos mimo do que quixera, pero sonche cousas de novatos que hai que ir pulindo, verédelo no vídeo (nota: coller unhas botas off das que non esbaran), así que para cando as primeiras pingas decidironse materializar no meu casco, eu xa puxera os peteiros contra casa e abríralle jas polo nejro coma se fora o fuckin Marquez sorteando vacas, vellas e cadelas doentes. Adiantei a unha nuve treboenta nunha roda e dinlle as costas a choiva derrapando cas duas mentras lambía o asfalto cas orellas, así que cheguei a casa con marxe dabondo para pasarlle o tratorito polo prado antes de que me collera a manta de auga.


Unha saida caralluda!!.























5 comentarios:

  1. jajajajaja.....que ben o pasas.

    ResponderEliminar
  2. Si señor, vese que vas collendo confianza. Cada vez mais complicado.
    Cada un baixa da moto como quere non?.
    Vaite facendo a idea de que che vou salpicar a pantalla do casco...jojojo.

    ResponderEliminar
  3. Rutas tan largas para min non,que solo teño 3.5 ltrs de deposito.
    non me acordaba que ti tes 21. Jah.

    ResponderEliminar
  4. Salpicaras se das comijo jejeje
    O da distancia nada... Subides os dus na ktm e comezamos a ruta onde queiras jijiji

    ResponderEliminar