17 nov 2013

Xesteiras. Vídeo

Xa estivera alí doutra volta, hai pouco máis dun ano e quedara totalmente engachado a este sitio. O entorno e dunha fermosura especial e a sensación de liberdade faise mais tanxible que nunca. Monte Xesteiras reune todo o que se lle pode pedir a un paseo “off” de calidade; kms sen asfalto ningún, entorno boscoso coma poucos, un desnivel importante de principio a fin e un cumio que fai meta de chegada, cunha panorámica que nada ten que envexar a Paxareiras ou a propia Curota. Pena de estación meteorolóxica claro!, pero todo non se pode L.





















15 nov 2013

Primeiras reflexiós -off-

Polo momento non levo mais de tres saidas, ou máis ben escapadas, porque sabendo que en pouco máis dunha hora estaba de volta na casa, falar de saidas resulta esaxerado… pero dabonda para darme boa conta que rodar polo marrón non é un chiste. Paréceme moi técnico, moitísimo máis do que nunca imaxinara... abrir gas e forzar o cerebro a procesar unha chea de cousas faise co mesmo cable que tira do carburador, co mesmiño!. Afrontar unha curva “rápida” dunha pista forestal non che son parbadas. Se no asfalto hai que chegar cos deberes feitos, polo monte hainos que traer listos da escola, ou abrir gas pechando os ollos e que pase o que teña que pasar. Todo é novo para min, dende o primeiro charco, a primeira pedra, árbore no medio do camiño ou cortafuegos, así que disfruto con cada metro que fago ou trampa que deixo atrás, e cada vez, o corpo píde máis lío… pero seguirei liando a modo.

Pouco a pouco vou superando meus temores, inseguridades, que fanme caldo na camiseta igual que as primeiras veces que baixaba na moto o pueblo logo de sacar o permiso, que a tensión en cada músculos facíame chorrear hasta do lugar máis escuro do corpo, pois ajora igual, chego a casa dando noxo pero satisfeito, e o mais importante, desfogado de darlle o mango por  pouco tempo que fora.

A moto vai caralluda, igual debería baixarlle máis a presión da roda traseira para que enjanche millor nas subidas ou toquetearlle no amortiguador, irei probando… pero estou moi contento co seu comportamento e parece que as barras quedaron ben reguladas logo de probar distintos tarados, así que en liñas xerais moi ben, a falta de cambiarlle o piñón por outro dun dente menos para poder rodar maís entre segunda e tercera, ademáis de darlle ese "punch" de gas que faille moito a hora de pinzar de diante ou facela derrapar para meter ou sacala das curvas.

O tema da equipación tamén vai a modo, que todo de vez non se pode, pero está claro que para ir polo monte hai certas cousas das que non se pode prescindir, así que últimamente non deixo de remexer pola rede na procura da mellor relación calidade precio.

A navegación, como non podía ser doutro xeito, corre por conta de "Oruxmaps" e logo de ter localizado un mapa con curvas de nivel e camiños detallados (topo 4umaps), e descargado miña comarca para poder traballar "off-line", teño a papeleta resolta. Así da justo!!


**************


Espero ler todo isto daquí nuns anos escarallándome a risa daquelas primeiras conclusiós. O final este blog trata diso, de recordarme a min mesmo quén era eu hai uns anos e que cousas tiña nesta cabeciña que non deixa de rillar.


captura Oruxmaps (topo 4umaps) en 3D













13 nov 2013

Traballando co Oruxmaps. Vídeo.







Onte tiña que localizar unhas fincas que previamente, hai uns días, tivera que posicionar no GPS coa inestimable axuda do Oruxmaps, para preparar a documentación dunha herdanza coa que anda a voltas miña dona… e como a cousa prometía enredar polo monte un ratiño na procura dos “waypoints”, decidín coller a moto que fixo remataría antes a faena, e de paso, porqué non facer un video, jur jur!!















8 nov 2013

Probando chuches. video




Con isto de ir aumentando a seguridade polo marrón, fíxenme cun collarín de espuma e unhas botas de verdade, de astronauta, das que fan que en vez de pes teñas muñós insensibles, case inertes. Con estas botas a sensibilidade nas palancas de marcha ou freo é anecdótica, pasa a rexistrar índices negativos. Non e que perdas tacto, non, directamente sofres amputación dos membros para pasar a traballar con zancos ortopédicos. Nunca tal cousa pensara.

O paseo non pretendía ser mais que unha posta en escea dese par de elementos, a meu xuizo indispensables  para pasearse polo monte, e así foi, pero unhas cousas levaron a outras e o pouco xa estaba sorteando trampas de todo tipo, sudando coma un can e desexando que todo aquilo rematara dunha fuckin vez… NAAAAA!! Estaba a disfrutar coma un porco nunha lameira, coma se fora o único jalo do jaliñeiro, por tutatis!! Canta felicidade pode transmitir un ferro?? Pregunteime nun par de ocasios sen dar coa resposta… pero e que dende que coñecin a austríaca ésta, non deixo de facerme a mesma pregunta unha e outra vez...


Fixen cumio, parei, fotos de rigor, vista o horizonte e jassssss!! polo corta fuegos abaixo. Abrelle gas aquí para endereitar isto, baixa o cu que non ves que isto afuciña, ollo coa lagoa glaciar, a fochanca, o pao e os penedos, toxos, toxos e mais toxos. Acabou o corta fuegos sen pena, pero coa gloria de ter sentido ben reguladas as barriñas estas que calquer día montolles un altar. O subir cara o cumio parecíame que non estaban ben taradas de todo (será cousa da miña postura que fai que cargue moito os brazos), pero en baixada e llaneando polo corta fuegos, totalmente irregular, a orquilla traballaba coa dozura propia  dunha diosa grega, tragando todo canto había jeje.



Cheguei a un camiño que metia medo, pero claro, ca chuvia treboenta de onte a noite, era de esperar dar cun pantanal así. Metín a moto polo medio e medio do camiño enlamado e como vin que a cousa ia ben, apreteille o gas con intención de pasar aquilo o estilo dakariano, pero non, antes parei forzosamente na lama para comprobar testura e sabor. Pero ainda así, e coa moto enterrada hasta as orellas, tiña tatuado un sorriso na miña face que calqueira diria que son o tonto do pueblo. Erguina e jasssssss!!!!. Fixen un par de kms por pistas duras practicando aquilo de sair da curva a golpe de mango e nunha destas, cando case me adianta a roda traseira pola dereita, decidin que por hoxe ben chegaba de sensaciós fortes. Barrín o monte cerrei a porta e pirei dalí antes de que ninguén notara miña presencia.

As botas caralludas, a proxima vez mirarei de non deixar as pernas en casa, por aquilo de ir collendo confianza. Non, en serio, moi ben, cambia todo, pero dinme conta que a distancia das palancas aos estribos, está especialmente pensada para montar con botas de astronauta, así que por esa banda moi ben. O collarín dame seguridade, igual non vale para nada, pero pensar que por levar esa merda o perigo de desnucarme podese ver diminuido nun 0,000002% faime ir algo mais seguro. Psicolóxicamente faille moito. O malo foi a conxugación de ambos elementos, que obrígame mirar de levantar o manillar un par de centímetros. A ver!, entre que as botas fanme crecer un centímetro e o collarín non me deixa tirar moito a cabeza para atrás, non queda outra que mirar de ir mais erguido na moto, levantar o manillar vamos!, así que merda! terei que ir mirando outra chuche máis jejeje


Por certo, da baixada polo corta fuegos e da esparramada na lama non busquedes nada no vídeo. Pensaba que lle dera a “rec” e dinlle ostias!.